Os Amantes de Abrente

As familias Eiroa e López de Castro celebran xuntos e felices o aniversario de Celso, o pai de Gaspar e de Teresa. Mentres, Isidro amósalle a Olga a leira na que van construír a casa dos seus soños, onde pensan envellecer xuntos.

Dúas estampas felices que se van truncar de golpe, marcando o devir da nosa historia: Celso morre e a Olga diagnostícanlle ELA. Isto provoca que, unidos pola dor, Gaspar e a doutora empecen unha apaixonada relación amorosa ás agachadas de Isidro e Adela.

Ao tempo que isto sucede, un novo enfermeiro chega a Abrente: Santi, que revoluciona a consulta e a vida de Olga, que o ve como un aposto pretendente para a súa filla Celia. Mónica empeza a dubidar do futuro do seu matrimonio con Raúl cando ela recibe unha oferta de traballo lonxe da vila. Pola súa banda, Uxía dubida da súa voda con Lucho ao descubrir que o seu prometido é o pai biolóxico da súa prima Noa.

(Precuela de Saudade de ti)

Reparto: Alfonso Agra, Cristina Andrade, Martina Bravo, Mayka Braña, César Cambeiro, Adrián Castiñeiras, María Costas, Paku Granxa, Dani Medín, Fernando Morán, Carmen Méndez, Fran Nogueira, Alberto Rolán, Manuel San Martín, Beatriz Serén, María Tasende, Lara Pouso.