Cousas que trouxo a chuvia
Había unha vez, hai moitos anos, unha meniña que xogaba coa terra na eira da casa facendo pasteis. No verán corría por campos infinitos de lavanda e polo inverno maquillaba as meixelas coa fariña.
Había tamén unha casa na estepa, campos de centeo e trigo e camiños pisados por carros. Había un papá que voaba por riba do horizonte, unha nai que amasaba, a profesora de ballet que sempre andaba seria e unha fábrica onde se traballaba ata que se poñía o sol.
Despois a meniña medrou. E un día, por sorpresa, gastáronlle o corazón.
E todo o que aquí se conta ocorreu, de xeito inesperado, nunha abafante tarde de verán en que o ceo rompeu a chover.
- Textos e dirección: Roberto Salgueiro
- Asistencia de dirección: Miguel Gendre
- Asistencia técnica: RTA
- Cartel e programa: Gerardo Fuentes
- Debuxos: RRB
- Espazo escénico, iluminación e figurinos: Roberto Salgueiro
- Ano: 2016
Intérpretes:
(por orde de intervención)
Julia Ammerman (piano)
Lara Pouso
Carmen Tomás
Alba López
Premios:
- Premio do xurado ao mellor Espectáculo XXI Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior (Portugal)
- Premio do xurado na Mostra Internacional de Teatro Universitario na XXII MITEU de Ourense
- Premio ao mellor espectáculo no XVII Tarptautinis universitety teatry. Vilnius (Lituania)
- Premio á mellor interpretación no XVII Tarptautinis universitety teatry. Vilnius (Lituania)